Depósitos de Vertente
Preto da praia do Naval hai un Lugar de Interese Xeolóxico
Nun noiro nas proximidades da praia do Naval é visible unha curiosa formación xeolóxica. Coñecido como depósitos de vertente en Santa Cruz forma parte do Inventario de Lugares de Interese Xeolóxico de España.

Trátase dunha acumulación de sedimentos formados por cascallos de seixo incluídos nunha masa de arxilas finas que ten a súa orixe hai uns 2 millóns de anos. Nesta época o noso clima era moi distinto do actual, con moi pouca vexetación, no que as chuvias torrenciais arrastraban os coios de seixo, formando uns depósitos de sedimentos en forma de abano ou cono.