Itinerario a pé 1. Brañas de Sada

Campo de fútbol " As Mariñas"- lagoa -  Samoedo - Tarabelo- Rúa telleiras

Itinerario a pé 1. Brañas de Sada

Percorrido que comeza no campo de fútbol “As Mariñas” de Sada, onde nos podemos aproximar á beira da zona húmida e observar aves desde alí ou na contorna inmediata (lavanco, cullerete, corvo mariño grande, arcea, becacina, cuco, rula común, peto verde, peto real, andoriña, picafollas ibérico, picafollas europeo, estreliña riscada, gabeador, cardeal). Retornamos á zona do campo de fútbol e bordeámolo pola súa beira sur, avanzando ao oeste pola rúa Lagoa (CP-0812), ata a aldea de Samoedo. Alí tomamos un cruce cara a dereita bordeando a zona boscosa, paralelos a unha liña de media tensión ata a aldea de Tarabelo (millafre negro, miñato, gabián, pica dos prados, pica das árbores, cuco, peto verde, peto real, andoriña, carriza dos xuncos, chasco, escribenta común). Logo seguimos a estrada (rúa da Fraga) ata o cruce cara a rúa Telleiras, a carón da zona boscosa. Completamos o percorrido dirixíndonos pola avenida da Coruña e rúa Abegondo ata o campo de fútbol.

3.7 km
1 h 30 min

RUTA CIRCULAR

COMENZO

Campo de fútbol “As Mariñas” de Sada