Historia do Castelo de Santa Cruz

O Castelo de Santa Cruz ten máis de 400 anos de historia tras ser construído para ser unha das defensas clave da Ría da Coruña, ao longo de todo este tempo foi tamén pazo, cando perdeu a súa utilidade militar, e tamén residencia de verán para orfos do exército ata que o Concello de Oleiros o recuperou das mans do Ministerio de Defensa para destinalo a centro para a defensa e divulgación do medio ambiente.

Historia do Castelo de Santa Cruz

UN CASTELO CON MÁIS DE 400 ANOS DE HISTORIA

O Castelo de Santa Cruz ten máis de 400 anos de historia e nese tempo pasou de ser un baluarte na defensa da cidade da Coruña e ser un bastión da conservación do medio ambiente. Construído para ser unha das defensas clave da Ría da Coruña, ao longo de todo este tempo foi tamén pazo, cando perdeu a súa utilidade militar, e tamén residencia de verán para orfos do exército ata que o Concello de Oleiros recuperouno das mans do Ministerio de Defensa para destinalo a centro para a defensa e divulgación do medio ambiente.

EMILIA PARDO BAZÁN: Unha escritora popular nun mundo literario de homes

EMILIA PARDO BAZÁN: Unha escritora popular nun mundo literario de homes

(A Coruña, 16 de setembro de 1851 – Madrid, 12 de maio de 1921)

Emilia Pardo Bazán foi unha escritora nacida na Coruña. Muller de espírito liberal, mantivo amizade con persoeiros de tódalas ideoloxías como Menéndez Pelayo, Clarín, Galdós e Giner de los Ríos. Feminista precoz, adoptou posicións sorprendentemente liberais para a época, nalgunhas ocasións motivo de escándalo.