Benvida á Baía de Santa Cruz

A Baía de Santa Cruz é un espazo do litoral do Concello de Oleiros que alberga unha gran diversidade de recursos ambientais e patrimoniais dun elevado interese que ademais é un dos espazos emblemáticos da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

Benvida á Baía de Santa Cruz

Benvidos á Baía de Santa Cruz, un espazo do litoral do Concello de Oleiros que alberga unha gran diversidade de recursos ambientais e patrimoniais dun elevado interese.

A baía de Santa Cruz acolle diversos ambientes naturais (rochas e illas, praias de areas e limos, pequenos ríos, ...) influenciados polas mareas, o que permite que aquí vivan unha gran variedade de seres vivos, o que converte esta baía nun espazo cun importante valor ecolóxico.

Pero ademais do patrimonio natural, este enclave da costa de Oleiros alberga diversas mostras de patrimonio histórico e cultural.

Pola riqueza en recursos que posúe, a Baía de Santa Cruz é un dos espazos emblemáticos da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, declarada pola UNESCO en 2013, e na que está integrada o Concello de Oleiros que desde sempre tivo un forte compromiso coa protección do noso medio ambiente.

Achéguese a descubrila e lembre que cada día o paseo pode ser distinto ao anterior.

Un paseo pola illa e o castelo

Un paseo pola illa e o castelo

No medio da Baía de Santa Cruz encóntrase a súa illa, un pequeno afloramento rochoso que, a xeito de barca varada na súa enseada muda ao ritmo das mareas, ben descansando placidamente sobre a area durante a marea baixa ou ben fondeada docilmente sobre as augas na marea alta, permitíndonos gozar dunha paisaxe diferente cada seis horas.

Mapa da Baía