Encoro de Abegondo - Cecebre

Desde a súa construción no 1976 este encoro converteuse co paso do tempo nun dos mellores lugares para observar aves na comarca das Mariñas.

Encoro de Abegondo - Cecebre

Ao longo das estacións preséntanse nel multitude de patos, garzas, aves que se alimentan no limo... Máis de duascentas especies de aves comparten fogar con vinte e catro especies doutros vertebrados. Debido a esta riqueza o encoro forma parte da Rede Natura 2000.

ÉPOCA RECOMENDADA

Todo o ano, pero especialmente outono e inverno pola maior variedade de especies (principalmente limícolas e anátidas). A primavera e o verán son moi interesantes para ver aves en plena algarabía reprodutiva (como millafre negro, merlo rieiro, rula común…) mentres se realizan agradables paseos.

ESPECIES DE AVES DE INTERESE:

Reprodutoras: lavanco, mergullón pequeno, rula común, miñato negro, miñato común, gabián, falcón pequeno, curuxa común, avenoiteira cincenta, peto verdeal, peto real, andoriña dáurica, carriza dos xuncos, merlo rieiro, picapeixe, picafollas ibérico, picanzo vermello, pardal montés, gaio, ouriolo, papuxa cabecinegra,..., entre elas especies resultado de soltas ou escapes de exemplares na natureza como son o ganso bravo e o bico de coral.

En paso: pilro ferruxento, mazarico chiador, mazarico real, bilurico alinegro, papamoscas negro, picafollas musical, garza imperial, tartaraña das xunqueiras, miñato abelleiro, aguia calzada, paspallás, combatente, gaivina negra, cirrio pálido, andoriña das barreiras. 

Invernantes: pato cullerete, frisado, cerceta, pato chupón, pato cristado, corvo mariño grande, garza real, garzota grande, aguia pescadora, píldora dourada, avefría, pilro común, becacina, arcea, bilurico patirrubio, bilurico claro, bilurico alinegro, bilurico das rochas, gaivota chorona, gaivota patiamarela, gaivota escura, laverca, pica dos prados, tordo real, tordo rubio, estorniño pinto, pimpín real, úbalo, escribenta das canaveiras,...

Encoro de Abegondo - Cecebre

Ver máis...
Itinerarios para observar aves