O CEIDA

O Castelo de Santa Cruz, construído en 1597 para protexer a Ría da Coruña dos ataques que chegaban polo mar, acolle hoxe en día o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), unha institución que vela pola protección do noso medio ambiente a través da Educación Ambiental.

O CEIDA

Páxina web: www.ceida.org

Este centro é froito da estreita colaboración a través dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros.

O CEIDA desenvolve un amplo programa de actividades de formación, divulgación e educación ambiental con diversos colectivos sociais; participa en numerosas actuacións de protección do medio ambiente, tanto a nivel local cono a nivel global; e promove o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais, e fomenta as boas prácticas cidadás neste eido. Conta, ademais, co Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga que está especializado en Educación Ambiental, Conservación e Sustentabilidade e que é o único deste eido en Galicia.

O CEIDA é membro da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN)

O CEIDA é membro da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN)

Desde o ano 2007 o CEIDA é membro da  UICN, unha organización internacional composta por Estados, axencias gobernamentais e organizacións da sociedade civil. Creada en 1948, a UICN é a rede ambiental máis grande e diversa do mundo. A UICN é a autoridade mundial en canto ao estado da natureza e os recursos naturais, así como as medidas para protexelos.