Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras Do Mandeo

As Reservas da Biosfera, declaradas pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera), son territorios preocupados por innovar e amosar que é posible compaxinar conservación ambiental e desenvolvemento socioeconómico sostible e pretenden non só resaltar os elementos naturais existentes, senón tamén con idéntico nivel de prioridade, o desenvolvemento de formas de explotación sostible dos recursos.

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras Do Mandeo

Son espazos para o desenvolvemento sostible, onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural, se procura un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio, se experimenta para conseguir un bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais, e se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi aprobada pola UNESCO na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París, o día 28 de maio de 2013.

Esta Reserva da Biosfera inclúe valores ambientais significativos dentro da biodiversidade galega e da Europa Atlántica, como complexos dunares, esteiros, marismas e cantís e destaca a presenza de 49 hábitats de interese comunitario dos que 12 son prioritarios. Tamén acolle máis de 150 especies consideradas de interese comunitario e máis de 50 incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Está formada por 17 concellos, abranguendo máis de 116.000 ha, case un 15 % do territorio da provincia da Coruña.

 

ZONAS NÚCLEO DA RESERVA

Nesta Reserva establécense varias zonas núcleo, que son aquelas onde se concentran os valores naturais máis sobresaíntes do seu territorio, e que inclúen todos aqueles espazos naturais con interese para a conservación. Ao final desta páxina poderás explorar tódalas zonas núcleo.

Observando aves na Reserva da Biosfera

Observando aves na Reserva da Biosfera

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo declarada pola UNESCO en 2013, e da que forma parte o Concello de Oleiros, alberga máis espazos naturais onde podemos gozar dunha excelente xornada de observación ornitolóxica.

Produtos agroalimentarios na Reserva da Biosfera

Produtos agroalimentarios na Reserva da Biosfera

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” está considerada como unha  das zonas máis aptas para a produción agroalimentaria de Galicia.

Descubre as zonas núcleo da reserva