Historia do Porto de Santa Cruz

O Porto de Santa Cruz foi importante na antigüidade como refuxio para os pescadores desta vila mariñeira de Oleiros, pero a súa economía foi mudando ao longo do tempo.

Historia do Porto de Santa Cruz

O PORTO DE SANTA CRUZ FOI MUDANDO CO PASO DA HISTORIA

Este porto serviu de refuxio para os pescadores desta vila mariñeira do concello de Oleiros.

Oleiros contaba na antigüidade con cinco portos na súa costa: Lorbé, Dexo, Mera, Santa Cruz e Perillo.

Aínda que hoxe en día o número de pescadores e embarcacións presentes no Porto de Santa Cruz é moi reducido, xunto co de Mera, foron os portos máis importantes de Oleiros entre os séculos XVI a XVIII.

A súa situación estratéxica na ría determinou que nela se comezase a construír en 1595 un dos castelos que defendería en varias ocasións á cidade da Coruña dos ataques que sufría por mar.

Santa Cruz foi no século XIX lugar de veraneo para as familias fidalgas e os comerciantes máis poderosos da cidade da Coruña, e aquí situaban a súa segunda residencia, como no caso do Pazo das Torres de Santa Cruz, que aínda que é de orixe anterior, adquiriu o seu maior esplendor da man de Martin Torres Moreno, cabaleiro de Santiago e rexedor municipal.

A finais do XIX, D. José Quiroga, dono do pazo da illa de Santa Cruz, trouxo canteiros que ampliaron o porto e rehabilitaron o Castelo. O novo porto tivo importancia xa que a pesca era unha das bases da economía do pobo, xurdindo industrias como a antiga fábrica de salga no lugar que ocupaba o hotel "Maxi".

Ademais desde el partían embarcacións como a Luna, encargadas do traxecto entre a Coruña e Santa Cruz. A finais dos 50, o servizo de lanchas foi desaparecendo pouco a pouco por mor das melloras nas estrada e da aparición do transporte público.

Na década dos sesenta, o primeiro turismo descubre Santa Cruz como destino estival. A localidade abandona a súa dependencia agrícola e non queda allea ó boom da construción, o que modificou notablemente a liña de costa e provocou grandes cambios na paisaxe.

Antigamente en Santa Cruz realizábanse festas populares moitas veces relacionadas co traballo no campo como a desaparecida festa da malla.

Outras festas, como a do ramo, continúanse celebrando hoxe en día. Unha actividade xa desaparecida é a das lavandeiras na desembocadura do río.

 

As defensas da Ría da Coruña

As defensas da Ría da Coruña

Ao longo da historia, o mar foi un importante medio de comunicación, e a Ría da Coruña foi testemuña da historia, xa que en 1563 Felipe II establece as sedes da Capitanía Xeral e a Real Audiencia na Coruña, dándolle o título de “Forza e garda do Reino de Galicia”.  En consecuencia, convértense nun lugar estratéxico, tanto comercial como militarmente, para a xestión do vasto imperio español, que era a primeira potencia mundial naquela época.

Historia de Cincenta, a Pardela de Santa Cruz

Historia de Cincenta, a Pardela de Santa Cruz

Aló polo ano 1985, unha noite de primavera, chegou a Santa Cruz unha pardela cincenta que se foi aloxar no hotel Portocobo, fronte ao Castelo de Santa Cruz.

Durante máis de 15 anos, a Pardela cincenta volvía cada primavera da súa viaxe polo océano e pasaba case todas as noites ao abrigo do hotel ou do paseo marítimo, en lugar de continuar a súa viaxe cara ao sur como as súas compañeiras.

Fotos históricas da illa e da baía

Ver máis...