A riqueza biolóxica da Baía

A Baía de Santa Cruz acolle diversos ambientes naturais o que permite que numerosas formas de vida encontren aquí refuxio, e isto fai que teña unha grande importancia ecolóxica.

A riqueza biolóxica da Baía

A BAÍA DE SANTA CRUZ TEN UNHA GRAN RIQUEZA BIOLÓXICA

A Baía de Santa Cruz acolle diversos ambientes naturais o que permite que numerosas formas de vida encontren aquí refuxio, e isto fai que teña unha grande importancia ecolóxica.

A súa praia, de area e limos, encóntrase franqueada por dúas puntas formadas por rochas e no seu centro desemboca o río dos Cubos. A enseada ten no medio a illa do castelo e numerosos baixos de pedra. Ademais, unha parte do seu litoral está exposta aos duros embates do mar mentres a outra parte se encontra máis abrigada.

Esta variedade de ambientes facilita que haxa unha gran diversidade de seres vivos, como o mangón ou varios moluscos bivalvos, como as chirlas e moelos, que teñen querenza polas zonas de areas e limos máis abrigadas do embate do mar ou algas como os golfos, as nécoras, os ourizos, os arneiros ou as lapas que prefiren as zonas de pedras, normalmente máis expostas. Tamén polbos, chocos e diversos peixes se achegan á praia na busca de alimento ou a depositar as súas postas cando a marea sube.

Toda esta riqueza foi aproveitada durante moitos anos polos pescadores de Santa Cruz e hoxe podemos ver como é compartida por numerosas aves mariñas e limícolas (aves de patas longas que buscan co seu peteiro entre o limo) que se achegan á Baía de Santa Cruz a descansar e alimentarse, algunhas delas incluso desde o outro lado do Atlántico, como o charrán de Foster.

As plantas dos cantís

As plantas dos cantís

Moitos son os factores ecolóxicos aos que se teñen que enfrontar as plantas que viven nas áreas de cantís como as que hai nos arredores da Baía de Santa Cruz, o que permite que vivan especies escasas ou ameazadas.

As aves na Baía de Santa Cruz

As aves na Baía de Santa Cruz

A Baía de Santa Cruz é unha costa de relevo suave na que se alternan praias de tamaño pequeno e medio con cantís de pouca altura, bañados polas augas pouco profundas da Ría da Coruña, con abondosos baixos e illotes e onde desembocan pequenos regatos polo que é un lugar privilexiado para a observación de aves mariñas e acuáticas.

 

O Intermareal rochoso

O Intermareal rochoso

As pozas e as rochas que deixa a marea ao descuberto cando baixa, chamado o intermareal, son un fervedoiro de vida, e albergan unha gran diversidade de plantas e animais.

O intermareal areoso

O intermareal areoso

A amplitude das mareas na Baía de Santa Cruz deixa na baixamar ao descuberto unha grande extensión de praia con moi pouco desnivel e unha gran cantidade de vida que se agocha baixo o fondo.