Materiais xeolóxicos da Baía de Santa Cruz

A Baía de Santa Cruz está formada por distintos materiais xeolóxicos, algúns dos cales teñen centos de millóns de anos de antigüidade.

Materiais xeolóxicos da Baía de Santa Cruz

OS MATERIAIS XEOLÓXICOS QUE FORMAN A BAÍA TEÑEN MILLÓNS DE ANOS

A Baía de Santa Cruz está formada por distintos materiais xeolóxicos, algúns dos cales teñen centos de millóns de anos de antigüidade, que as forzas xeolóxicas, o efecto do desgaste das ondas así como os avances e retrocesos do nivel do mar, foron modelando ata darlle a fisionomía actual desta costa, formando baixos e pequenas illas como a de Santa Cruz.

Neste pequeno paseo arredor da Illa podemos ver unha pequena mostra dos diferentes materiais xeolóxicos que conforman a paisaxe da Ría da Coruña.

A maior parte da illa, ao igual que gran parte da comarca, está formada por xistos, unhas rochas que teñen máis de 476 millóns de anos, formadas a altas presións e temperaturas a partir dos sedimentos producidos pola erosión doutras pedras. Son rochas que se erosionan con facilidade polo que forman unha paisaxe de relevos suaves.

Na parte Oeste da illa entre os xistos aparecen afloramentos doutro material de cor gris case branca que é moito máis resistente á erosión. Estes filóns de pórfido granítico coñécense popularmente como seixos e na costa Norte de Oleiros alcanzan unha gran dimensión formando o recoñecido Seixo Branco.

Diante nosa hai un afloramento de granito, un material xeolóxico que é sobre o que se asenta gran parte da cidade da Coruña, moito máis difícil de erosionar xerando paisaxes máis agrestes e que se orixinou hai máis de máis de 320 millóns de anos.

Porén, os depósitos que forman a praia e as ribeiras do río dos Cubos son materiais moito máis novos que apenas superan os 100 mil anos de antigüidade.

Depósitos de Vertente

Depósitos de Vertente

Preto da praia do Naval hai un Lugar de Interese Xeolóxico

Nun noiro nas proximidades da praia do Naval é visible unha curiosa formación xeolóxica. Coñecido como depósitos de vertente en Santa Cruz forma parte do Inventario de Lugares de Interese Xeolóxico de España.

Fotos xeolóxicas da Baía